Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán dálle a volta ao partido en Andorra cun 0-17 no último cuarto

O Breogán dálle a volta ao partido en Andorra cun 0-17 no último cuarto

Vitoria dos de Mrsic (63-69) de moito mérito porque remataron o terceiro cuarto cunha desvantaxe de oito puntos

G24.gal 29/09/2023 22:08 Última actualización 29/09/2023 22:30

O Breogán gañou na pista de Andorra cun incrible último cuarto no que conseguiu un parcial de 0-17 que lle permitiu darlle a volta a un partido que estaba moi complicado (63-69).

Tivo o Breogán unha boa entrada no partido grazas ao acerto de Momirov. O 7-12 ao principio foi a máxima vantaxe a prol dos galegos en todo o encontro. Reaccionou Andorra que igualou ao remate do primeiro cuarto (17-17). No segundo mantívose o equilibrio con bos momentos para o Breogán (22-26) aos que respostou Andorra (34-30). Unha tripla no último segundo permitiu que os locais se fosen ao descanso catro arriba (40-36). 

No terceiro cuarto puido racharse o partido cando Andorra se foi por riba dos dez puntos (51-40). Ao Breogán custáballe moito anotar pero aguantou en defensa e chegou con vida ao último cuarto (57-49). 

O último cuarto comezou cun 0-17 para os galegos en seis minutos que, non só equilibrou o partido, senón que lles permitiu poñerse poñerse por diante (57-66). A defensa funcionaba e Momirov era o executor en ataque con nove puntos. Andorra saiu do atasco con dúas canastras seguidas (61-66) pero o aleiro serbio curtouna de vez co seu punto 20 no partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade