Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ancelotti: “O meu vínculo co Real Madrid é eterno”

Ancelotti: “O meu vínculo co Real Madrid é eterno”

O Real Madrid fixo oficial este venres o adeus do seu técnico

G24.gal 23/05/2025 12:11 Última actualización 23/05/2025 14:32

O Real Madrid fixo oficial este venres o adeus do seu técnico, Carlo Ancelotti, xa anunciado por Brasil, a súa seguinte aventura. O italiano dedicou unhas palabras de agarimo cara a todo o club e a súa afección, cos que manterá un “vínculo” que será “eterno” cunhas “noites máxicas” no Santiago Bernabéu que, na súa opinión, “son xa historia do fútbol”.

“Hoxe de novo levo no corazón cada momento vivido nesta marabillosa segunda etapa como adestrador do Real Madrid. Foron anos inesquecibles, unha viaxe incrible chea de emocións, títulos e, sobre todo, do orgullo de representar a este escudo”, comeza Ancelotti na súa publicación en redes sociais.

“Grazas ao presidente Florentino Pérez, ao club, aos meus xogadores, ao meu staff e, por encima de todo, a esta afección única que sempre me fixo sentir como un deles. O que conseguimos xuntos quedará para sempre na memoria do madridismo, non só polos triunfos, senón pola maneira en que os logramos. As noites máxicas do Bernabeu son xa historia do fútbol”, proseguiu.

“Agora comeza unha nova aventura, pero o meu vínculo co Real Madrid é eterno”, concluíu nun texto xunto a un vídeo resumen das súas seis tempadas -dúas na primeira etapa e catro nesta última- como adestrador do Real Madrid.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade