Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Seabra non continuará no Guardés cando remate a tempada

Ana Seabra non continuará no Guardés cando remate a tempada

Seabra: “O club fíxome unha proposta que non ten condicións para aceptala"

G24.gal 03/02/2026 11:53 Última actualización 03/02/2026 12:04

A adestradora do Mecalia Atlético Guardés emitiu un comunicado no seu perfil de Instagram o pasado venres anunciando a súa saída da entidade ao terminar a tempada.

"Fixen o comunicado porque sabía que non me ía quedar no Guardés e así mostraba que estaba dispoñible para outros proxectos", expresou a adestradora lusa.

O que non esconde a preparadora é a causa pola que deixa a entidade e é que “o club fíxome unha proposta que non ten condicións para aceptala. Soamente por iso. Ten outras ideas, cambias algunhas cousas e é por iso que non sigo". É dicir o Mecalia Atlético Guardés trasladou unha oferta de renovación á baixa á adestradora, que non chegaba a unhas condicións mínimas para a preparadora. Todo iso, dentro da intención de axustar ao máximo os números no próximo curso.

No profesional, o bo rendemento da formación miñota nos últimos anos permítelle ter ofertas para manterse en activo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade