Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo ficha a Ricardo Rodríguez, Riki, ata 2029

O Deportivo ficha a Ricardo Rodríguez, Riki, ata 2029

O asturiano chega procedente do Albacete Balompié, equipo co que na temporada 2025-26 disputou 16 partidos na Liga Hypermotion e 2 encontros na Copa do Rei

G24.gal 02/02/2026 19:17 Última actualización 02/02/2026 19:21

O Deportivo incorpora a Ricardo Rodríguez Gil-Carcedo, Riki, como novo xogador branquiazul. O centrocampista ofensivo asina contrato ata xuño de 2029.

Riki chega procedente do Albacete Balompié, equipo co que na temporada 2025-26 disputou 16 partidos na Liga Hypermotion e 2 encontros na Copa do Rei.

Formado nas categorías inferiores do Real Oviedo, o futbolista asturiano desenvolveu posteriormente a súa carreira no Real Racing Club, o Burgos CF e o propio Albacete.

Ao longo da súa traxectoria acumula 153 partidos na Liga Hypermotion, cun balance de 2 goles e 7 asistencias. Ademais, disputou 2 encontros na fase de ascenso a LaLiga EA Sports e 11 partidos de Copa do Rei, competición en que asinou 1 gol e 1 asistencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade