Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta incorpora a Matías Vecino e Álvaro Núñez no último día de mercado

O Celta incorpora a Matías Vecino e Álvaro Núñez no último día de mercado

Os vigueses pechan o mercado invernal con tres incorporacións: Vecino, Núñez e Fer López

Deixaron o club Bryan Zaragoza, Fran Beltrán e Damián Rodríguez

@rccelta
G24.gal 02/02/2026 16:13 Última actualización 03/02/2026 11:12

Claudio Giráldez xa ten o xogador que pedira cubrir as baixas de Fran Beltrán e Damián Rodríguez. O Celta decidiu reforzar finalmente o eixo da súa liña medular coa incorporación do veterano uruguaio Matías Vecino, pivote de 34 anos do Lazio cunha extensa folla de servizos na Serie A italiana.

Vecino asinará por tempada e media tras desvincularse do seu actual club, onde esta tempada non estaba a xogar demasiado. O uruguaio chega coa carta de liberdade, co que o Celta non terá que pagar traspaso. O futbolista voaba a tal hora a Vigo, onde se espera que chegue esta tarde para cumprir co trámite do recoñecemento médico e asinar o contrato que o vinculará ao conxunto celeste ata xuño de 2027.

Ademáis o conxunto celeste tamén pechou onte a incorporación de Álvaro Núñez. Os vigueses xa tiñan un acordo pechado co defensa do Elx para o próximo 30 de xuño e decidiron adiantar a súa incorporación. O xogador bilbaíno, pasou polas canteiras do Athletic e Fútbol Club Barcelona e foi unha peza moi importante no equipo de Eder Sarabia tanto a temporada do ascenso como nesta presente campaña na primeira división. Asina contrato ata xuño de 2030.

Tamén se oficializou a saída de Bryan Zaragoza á Roma. O club italiano chegou a un acordo co Bayern de Múnic e o xa ex xogador do Celta chega cedido á capital italiana con opción de compra condicionada. O Celta recibirá unha compensación económica polo corte da cesión. O rendemento de Bryan, sen ser malo, non estivo á altura do agardado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos