Ana Pontón quere conseguir un grupo galego forte en Madrid o 23-X
O BNG comezou a elaborar as súas candidaturas para as eleccións xerais e vai dalas a coñecer en 15 días
A formación nacionalista celebrou este sábado o primeiro Consello Nacional tras as municipais
Moi satisfeitos dos resultados do 28-M, a voceira nacional confía en lograr "un grupo galego forte no Congreso"
O Consello Nacional do BNG comezou este sábado a confección das candidaturas para as eleccións xerais sen desvelar nomes.
Ana Pontón mantén que o resultado das municipais, será "aire nas velas" para o proceso de cambio político en Galicia "liderado polo BNG".
Con 590 concelleiros e un incremento do 28 % dos votos, a formación asume con determinación o 23-X. O obxectivo, lograr un grupo galego forte en Madrid.
"Precisamos que Galicia teña máis peso político, máis forza en Madrid para facernos valer como país. Necesitamos un grupo galego forte que sexa determinante que poida negociar a favor dos intereses de Galicia", di.
En canto á entrada en posibles cogobernos municipais a voceira nacional di que non marca directrices. Asegura que as decisións lles competen ás asembleas locais. En canto a Ourense, pídelle claridade ao PP.
"O primeiro que nos ten que aclarar Feijóo e Rueda é que van facer en Ourense, se van volver a repetir o que fixeron hai catro anos, onde claramente por manter o poder na Deputación decidiron entregar a cidade a un alcalde que eles mesmos consideraban letal", subliñou.