Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amplíase a todo o territorio o selo de calidade Castaña de Galicia

Amplíase a todo o territorio o selo de calidade Castaña de Galicia

O distintivo Indicación Xeográfica Protexida estaba restrinxido aos soutos do interior do país

Os produtores doutras comarcas amosaron o seu interese na comercialización co selo de calidade

G24.gal 28/12/2024 14:45 Última actualización 28/12/2024 16:37

Os produtores de calquera lugar de Galicia que queiran cultivar castaña do país, poderán facelo baixo a Indicación Xeográfica Protexida despois de que se ampliase a todo o territorio e non só ás comarcas do interior como estaba regulado ata agora. 

A medida foi solicitada polo consello regulador por demanda de produtores novos de distintos concellos que están iniciando plantacións ou que xa as teñen medradas.

Aínda que non é o máis habitual atopar soutos en zonas costeiras, as distintas variedades de castiñeiros, a súa adaptación a terreos novos que non sexan moi húmidos e os avances en tratamentos fan que cada vez haxa máis posibilidade de facer plantacións noutros lugares,

"Nestes anos vimos que produtores doutros concellos que non están dentro da IXP pedían a ver se podiamos incorporalos", asegura Xesús Quintá, presidente do Consello Regulador da IXP Castaña de Galicia.

Esta medida pode incorporar ata un 30 % de produtores novos. 

"Vai ser importante para eles contar co selo de calidade, sempre que o cultivo sexa unha variedade sativa, autóctona, que son as que recolle a IXP", di Quintá.

E ademais o interese comercial estendería as plantacións a comarcas máis poboadas.

"Parece que nesas zonas hai máis terreo dispoñible, está máis cerca das cidades e das zonas desenvolvidas e hai máis xente interesada. E isto pode ser un pulo para que a IXP creza", asegura Quintá.

E será un pulo tamén para repoboar con especies autóctonas terras onde hai décadas que non medran castiñeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar