Publicador de contidos

Publicador de contidos

Turkish Airlines entra no accionariado de Air Europa tras inxectar 300 millóns de euros

Turkish Airlines entra no accionariado de Air Europa tras inxectar 300 millóns de euros

A operación permitirá á aeroliña española devolver, un ano antes, o préstamo de 475 millóns adquirido coa SEPI 

A familia Hidalgo continuará sendo accionista maioritaria, a compañia turca controlará o 26 % e a IAG conservará a súa participación do 20%

G24.gal 06/11/2025 08:31

A aeroliña Air Europa pechou un acordo con Turkish Airlines que permitirá a entrada da compañía turca no capital da española mediante un investimento de 300 millóns de euros.

A operación fíxose a través dun préstamo trocable, que outorgará á compañía turca unha participación en Air Europa próxima ao 26 %.

A valoración de Air Europa, de capital maioritariamente español e familiar, sitúase, segundo a empresa, en preto de 1.175 millóns de euros.

A familia Hidalgo, a través de Globalia, continuará sendo o accionista maioritario da compañía mentres que IAG conservará a súa participación actual do 20 % mediante a compra de accións a Globalia.

Air Europa anunciou que con esta inxección de capital e os seus propios recursos cancelará, un ano antes do establecido, o préstamo adquirido coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), e tamén os intereses correspondentes, por un total de case 500 millóns de euros, adiantándose un ano ao prazo establecido.

A empresa resaltou que os 475 millóns de euros prestados pola SEPI foron esenciais non só para garantir a recuperación completa da actividade tras a pandemia, senón tamén para xerar un ámbito moi positivo na actividade económica nacional.

Ademais, propiciou a conservación dos preto de 4.000 empregos e a creación de máis de 600 novos postos de traballo adicionais, ata chegar aos preto de 4.600 empregados que hoxe forman parte da aeroliña.

Air Europa destacou que a transacción supón un importante fito para o sector da aviación comercial ao reunir nunha mesma compañía tres dos grandes actores do sector: IAG, Turkish Airlines e Air Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade