Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña de vacinación da gripe e a covid ampliará a cobertura a nenos e maiores

A campaña de vacinación da gripe e a covid ampliará a cobertura a nenos e maiores

A campaña, que arranca o 29 de setembro, non empregará os vacinódromos e contará cun o proxecto piloto de vacinación nas escolas

A vacina da gripe reforzada subministrarase a partir dos 70 anos, e no caso dos nenos poderán poñer a vacina por vía intranasal ata os 11

G24.gal 12/09/2025 14:56

Galicia amplía a protección dos maiores e dos máis pequenos na nova campaña da gripe e da covid que arranca o 29 de setembro. 

"Aumentamos ata os 11 anos a vacinación da gripe, tamén en maiores a partir de 60 anos, persoal sanitario e de centros sociosanitarios, e embarazadas", explica a directora de Saúde Pública, Carmen Durán.

Unha das grandes novidades serán as vacinacións nos centros educativos. Será a partir do 13 de outubro, a vacina estará a disposición para todos os escolares e persoal destes centros.

"Poñemos en marcha un programa piloto de vacinación escolar que permitirá vacinar nos centros", di o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Galicia é unha das comunidades coas taxas máis altas de vacinación. O ano pasado vacinaron o 71 por cento dos maiores de 65 e case o 68 por cento da poboación infantil. 

"Houbo menos ingresos e foi máis suaves a gripe, e cremos que un dos motivos é pola taxa elevada de vacinación infantil", di Carmen Durán. 

A inmunización dos acabados de nacer do virus respiratorio sincitial permitiu reducir ata nun 90 por cento a hospitalización dos menores de seis meses.

"Estamos orgullosos de posuír o calendario de vacinación para toda a vida máis completo do mundo e ser líderes na introdución de novas inmunizacións", suliña o conselleiro de Sanidade. 

A campaña da gripe e da covid desenvolveranse entre o 29 de setembro e o 31 de decembro. No caso da inmunización do virus respiratorio sincitial para acabados de nacer comeza o 22 de setembro ata o 31 de marzo. Este ano as vacinacións centraranse nos centros de saúde, hospitais e nos domicilios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade