Ameazan de morte e apedran o coche de bateeiros de Rianxo que recollían mexilla en Ferrol
Un grupo de encapuchados atacaron o vehículo que sufriu graves danos
É a segunda agresión en 15 días
As precaucións para previr os ataques que están a sufrir no último mes os bateeiros de Rianxo que acoden a áreais da costa de Ferrol en busca de mexilla non puideron evitar o acontecido esta semana na praia de San Xurxo.
Tras deixar os compañeiros, unha das vítimas que prefire non saír ante a cámara por medo, marchou da zona co coche para evitar que llo danasen. Foi á volta cando un grupo de encapuchados comezou a lanzar pedras e proferir ameazas de morte.
Desde a Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo cualifican como moi grave o ataque. Piden a protección das autoridades evitar ter que tomar medidas que poidan acabar nunha desgraza.
Apelan ao diálogo e aseguran que solución pasa pola apertura de máis zonas de extracción de mexilla.