Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ameazas de morte e ordes de afastamento detrás do conflito do aparcadoiro ilegal da Lavacolla

Ameazas de morte e ordes de afastamento detrás do conflito do aparcadoiro ilegal da Lavacolla

A empresa podería enfrontarse a delitos de ameazas, calote e uso ilexítimo de vehículo a motor

O concello e AENA van traballar para que non se ocupen os espazos de xeito irregular
G24.gal 22/04/2022 13:23

Os afectados pola actividade do aparcadoiro presuntamente ilegal na contorna do aeroporto de Santiago deben denunciar ante a Policía Nacional. Esa é a mensaxe que transmitiron despois da xuntanza en que estaba Aena e Concello de Santiago. As primeiras medidas van ir encamiñadas a vixiar as zonas da parroquia da Lavacolla e poñer un valado nos terreos de Aena.

"Hai que denunciar, denunciar e denunciar"

A empresa podería incorrer en varios delitos. O uso ilexítimo de vehículo a motor. A Policía Local multou e retirou coches no centro de Santiago que estaban na custodia deste aparcadoiro. Pero empregáronos para fins particulares. Varios posibles delitos de calote, leve por ser de menos de 400 euros en cada caso. E tamén teñen pendentes varios xuízos por ameazas de morte ademais do acoso ás empresas que si teñen licenza, que son Parking Santiago e Parking Fly.

"Hai ordes de afastamento, hai ameazas de morte"

"Hai que denunciar denunciar e denunciar. Cal é o problema? que os veciños non se queren meter en problemas. Esta xente é moi conflitiva, hai ordes de afastamento, hai ameazas de morte. A xente non quere complicarse ese é o problema que hai", asegura Manuel Salvado, xerente do Parking Santiago.

Ademais do valado dos terreos do aeroporto Urbanismo acelerará os expedientes a donos das leiras privadas para que pechen ou eviten este uso irregular. Porán nos espazos públicos e viarios sinais de prohibido aparcar para que a Garda Civil poida multar e que o guindastre municipal retire o vehículo.

"Con isto o que intentamos é que facerlle fronte a esta xente e que se vaia da Lavacolla ou que teñan unha actividade o máis legal posible. É o que lles queda", afirma Salvado.

A única solución que está nas mas dos afectados é denunciar todo tipo de actividade ilegal que poidan sufrir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade