Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ambiente festivo nas rúas da zona histórica de Santiago

Ambiente festivo nas rúas da zona histórica de Santiago

Comerciantes e visitantes agardan con ilusión a posible visita do Papa

No día festivo, os turistas gozaron da cidade aproveitando que a chuvia deu un pequeno descanso

Turistas gozan de Santiago neste festivo no que a chuvia deu unha tregua
G24.gal 01/11/2021 14:14

Algúns comerciantes da zona monumental agardan a visita do Papa a Santiago de Compostela como auga de maio, pois cren que aumentará así a afluencia de visitantes. Din que sería unha moi boa noticia para os comerciantes e hostaleiros, destacan.

Agardan con ilusión a visita do pontífice, ao igual que os turistas. Visitantes como os que estes días se achegaron ata a cidade e que hoxe gozan deste día festivo. Unha xornada na que aínda que a chuvia nos deu un pequeno descanso, o paraugas segue a ser un grande aliado.

Un ceo despexado que en cuestión de minutos deixa paso ás nubes e á chuvia, nun abrir e pechar de paraugas, ou nun pór e quitar chuvasqueiro. Con todo parece que a auga non é un impedimento para gozar da cidade. Explican varios turistas que calquera momento é perfecto para coñecer a capital galega.

Como din, en Santiago a chuvia é arte e o sol poesía. E disto, nesta festividade, hai a partes iguais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade