Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amaral e Nil Moliner encabezan o cartel do Caudal Fest

Amaral e Nil Moliner encabezan o cartel do Caudal Fest

Lontreira e Carlanga y Los Cubatas completan o cadro de actuacións que terán lugar en Lugo os días 20 e 21 de decembro

Cartel do Caudal Fest 2024 Cartel do Caudal Fest 2024
G24.gal 02/05/2024 17:07

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as últimas incorporacións da próxima edición do Caudal Fest, os grupos Carlanga y Los Cubatas e Lontreira, que se suman a un cartel encabezado por grupos como Amaral e artistas como Nil Moliner.

A rexedora local lembrou que o Caudal Fest é xa “a cita musical de referencia no municipio e un dos festivais máis importantes do noroeste peninsular”, consolidado como a “última gran festa do verán galego”.

Ademais, asegurou que a edición deste ano, que terá lugar os días 20 e 21 de decembro, pode ser “a máis multitudinaria”. Para iso, os organizadores do Caudal Fest traballaron para traer á cidade de Lugo “a un gran número” de artistas que estarán de xira este verán.

O venres 20 de setembro estará protagonizado por Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Ana Lua Caiano, Xina Mora y Ramón Mirabet. Ademais, o festival engade aos galegos Lontreira e Carlangas y Los Cubatas.

O sábado 21, na segunda xornada do festival, será a quenda de Mikel Izal, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, Tu Otra Bonita, Siloé, Parkineos, Monoulious DOP, Dani Dicostas e Querido.

Alvarellos lembrou que “desde que no Concello apostamos, en solitario, por poñer en marcha esta cita musical no 2018, o Caudal non deixou de crecer, tanto en volume de asistentes, infraestruturas, como na calidade do seu cartel, que este ano xa ten confirmadas a algunhas das bandas e artistas máis importantes do panorama nacional”.

A sexta edición do festival aspira a ser a máis exitosa da historia. “En 2023, o evento reuniu a 37.567 persoas en Lugo, supoñendo un retorno económico de 7,3 millóns de euros para o municipio e xerando máis de 350 empregos directos e 2.000 indirectos”, precisou a rexedora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade