A Xunta presenta en Madrid a campaña do Xacobeo 2027
A 97 días da apertura da Porta Santa, a Xunta presenta no centro da capital a campaña do próximo Ano Santo
Este ano a Porta Santa non abrirá pola tarde, senón ao mediodía
O novo himno do Xacobeo forma parte da identidade visual que vai estrear o camiño e que nace ao redor dunha estrela e dunha frase do Evanxeo de San Mateo.
Outra das grandes novidades do Ano Santo vai ser a apertura da Porta. Será o 31 de decembro, pero cambiará o seu horario. Tradicionalmente abríase ás cinco da tarde e esta vez será ao mediodía. A Igrexa quere recuperar para este momento un xesto aínda máis antigo: volverá soar o corno co que tradicionalmente se anunciaba o xubileu.
Este venres o cronómetro que a Xunta instalou na Oficina de Acollida do Peregrino indica que quedan 97 días para dar comezo ao xacobeo 27. O Camiño Francés segue sendo o que máis peregrinos recibe e continúan medrando o portugués e o inglés. Os camiñantes nacionais son maioría. Do estranxeiro chegan sobre todo dos Estados Unidos, de Italia e de Portugal.