Cargando resultados...
Álvaro Muñoz, operado con éxito da rotura do ligamento cruzado anterior
O aleiro mancouse no último cuarto do encontro que o Obradoiro disputou ante o Bàsquet Xirona

G24.gal
13/03/2024 15:56
Última actualización 13/03/2024 16:00
O capitán, Álvaro Muñoz, que sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, foi operado con éxito no Hospital HM Rosaleda na capital compostelá polos doutores Hermida e Pérez Abilleira.
O aleiro mancouse no último cuarto do encontro que o Obradoiro disputou ante o Bàsquet Xirona, a 6:28 para o final do encontro, tras un mal xiro da súa perna no vinilo circular dunha das zonas, en Fontajau. As probas realizadas polos servizos médicos da entidade confirmaron a necesidade do tratamento cirúrxico.
Tras pasar a noite no centro médico, o xogador abulense regresará ao seu domicilio, onde comezará o seu período de recuperación.