Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alumnos dun colexio de Zas recollen lixo na praia de Lagosteira, en Fisterra

Alumnos dun colexio de Zas recollen lixo na praia de Lagosteira, en Fisterra

Unha xornada de formación e coidado do medio organizado por axentes medioambientais da Xunta coa colaboración do Concello de Fisterra

G24.gal 17/04/2023 14:22

Concienciar as novas xeracións da importancia de coidar do medio. Isto é o obxectivo das xornadas, organizadas por axentes ambientais da Xunta en colaboración co Concello de Fisterra, que este luns levou a alumnos do CEIP de Zas a facer unha recollida de lixo na praia da Lagosteira.

Unha formación medioambiental ao aire libre, nunha contorna idílico como é a praia da Lagosteira en Fisterra. "Intentar cambiar un pouco o concepto, pois non todo é sucidade na praia. Todo o que é materia orgánica está cumprindo unha función moi importante", explica Álvaro Martiáñez, axente ambiental.

Corenta e dous alumnos da ESO do CEIP de Zas foron os encargados esta mañá de recoller precisamente o lixo que contamina e afecta negativamente no medio. 

Estas xornadas, amais de axudar a coidar o medio, tamén son unha oportunidade de realizar unha aprendizaxe práctica que esperta a curiosidade dos alumnos.

"Aínda que haxa moitos que a ciencia non lle interesa ou lle parece que hai que estudar moito, dánse conta que todos podemos facer ciencia e recollendo lixo, como neste caso, tamén", di María Vila, mestra de bioloxía do CEIP de Zas.  

Un pequeno xesto que contribúe a preservar a biodiversidade mariña e o noso planeta, pois non hai planeta B. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade