Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alumnos de Santiago presentan o seu proxecto de aprendizaxe transversal

Alumnos de Santiago presentan o seu proxecto de aprendizaxe transversal

Os alumnos traballan en grupos interdisciplinares sen libro de texto

Aprenden a materia e mais a desenvolver unha competencia: a facer algo como comunicar en público

O seu proxecto gañou o premio Xornalismo na Escola

Alumnos do Instituto Rosaía de Castro de Santiago presentaron seu proxecto ante responsables educativos de oito países europeos,
G24.gal 15/03/2022 12:10

Alumnos do instituto Rosalía de Castro de Santiago explicaron hoxe a representantes educativos de oito paises o seu traballo no programa Erasmus de educación transversal.

Este programa, que se denomina Erasmus ATS STEM, pretende motivar o alumnado. Non traballan con libros de texto, senón a través de proxectos en que participan distintos departamentos educativos e nos que os estudantes, en grupos, aprenden unha habilidade: a comunicar oralmente en público ou a representar un período histórico en todos os seus ámbitos, por exemplo. Alumnas do Rosalía de Castro presentaron esta mañá na reunión do Eramus ATS STEM o proxecto que realizaron o ano pasado, que levou o premio Xornalismo na Escola.

"Aprenden non só o que sería a materia convencional, senón que desenvolven competencias. A competencia sería a capacidade de facer algo. Aprenden mediante proxectos, colaborado, traballando en grupos e de xeito multidisciplinar, é dicir, participan os profesores de bioloxía, xeografía e historia e matemáticas. É un xeito de aprender por proxectos que motiva moito o alumnado", explica Alberto Sacido, profesor de lingua e responsable do proxecto Erasmus ATS STEM.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade