Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alumnos de La Salle de Santiago, do IES Rafael Puga da Coruña e da USC e gañan o concurso Parlamento Xove

Alumnos de La Salle de Santiago, do IES Rafael Puga da Coruña e da USC e gañan o concurso Parlamento Xove

Competiron 58 equipos de centros educativos galegos con máis de 270 participantes

Nesta edición a pregunta sobre se a UE debería intervir militarmente en terceiros países para a defensa dos dereitos humanos centrou o debate final

G24.gal 18/06/2022 19:15

Asistimos este sábado a unha nova sesión do Parlamento Xove. A edición deste ano bateu marcas. Competiron 58 equipos de toda Galicia, oito máis que na edición anterior, con máis de 270 participantes en total.

Resultaron gañadores os equipos IES Rafael Puga Ramón da Coruña na categoría da ESO, o colexio La Salle de Santiago, na de bacharelato, e campus universitario de Santiago 2, na de universidades.

Os equipos gañadores recibirán un premio de 5.000 euros para organizar unha viaxe no caso das categorías de ESO e bacharelato, e 2.500 no caso da de universidades. A dificultade da proba radica en que a posición de cada equipo, a favor ou en contra, sortéase cinco minutos antes do comezo, de xeito que os participantes teñen que prepararse para afrontar as dúas posturas.

A pregunta desta final, con ocasión da guerra de Ucraína, foi: Debe a Unión Europea actuar militarmente en terceiros países na defensa dos dereitos humanos?
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar