Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda cualifica como estafa a transferencia da AP-9, e a oposición di que non terá custo para Galicia

Rueda cualifica como estafa a transferencia da AP-9, e a oposición di que non terá custo para Galicia

O presidente da Xunta di que tal e como se aprobou no Congreso, se Galicia asume esa compentencia podería verse obrigada a pagar ata 4.000 millóns a Audasa en caso de ter que revogar a concesión

Besteiro e Pontón sinalan que a transferencia non supón asumir responsabilidades por xestións anteriores e acusan a Rueda de opoñerse para defender os intereses do PP en Madrid

O Parlamento aproba que se poidan contratar máis sanitarios en prazas de difícil cobertura

G24.gal 08/07/2026 09:39 Última actualización 08/07/2026 11:52

O presidente da Xunta Alfonso Rueda volveu cualificar este mércores como unha estafa a transferencia da AP-9 a Galicia acordada no Congreso dos Deputados e elevou ata os 4.000 millóns de euros a factura que a administración galega podería ter que pagar no caso de asumir esa competencia e que teña que revogar a prorroga da concesión declarada ilegal pola Comisión Europea.

Porén, tanto a voceira nacional do BNG Ana Pontón como o secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro acusaron a Rueda de dar as costas a unha competencia que Galicia leva moito tempo reclamando e insistiron en negar a postura da Xunta sinalando que os custos da xestión anterior non serán asumidos pola administración autonómica unha vez se realice a transferencia.

Neste sentido, Besteiro sinalou: "Estamos ante unha nova farsa, porque as cuestións anteriores vínculanse directamente á decisión da adminsitración concedente". Mentres, Pontón citaba un informe dunha letrada do Senado que di que se deslindan que obrigas económicas seguirán correspondendo ao Estado e cales pasarán a ser asumidas pola comunidade autónoma, evitando que está última quede exposta a compromisos alleos á súa propia xestión.

Así, a líder nacionalista preguntáballe ao presidente se ía seguir mantendo as súas mentiras sobre a transferencia, mentres Besteiro o acusaba de inventar unha fractura ficticia.

Pola contra, o presidente da Xunta afirmaba que o autogoberno é defender os intereses de Galicia e confrontou os informes dos técnicos da Xunta, que advirten da posible débeda que Galicia podería ter que asumir ao exercer a competencia sobre a autoestrada do Atlántico.

Así, Rueda pediu que se respecte o Parlamento e o acordo saído da Cámara galega. "Non imos deixar, por moito que se empeñen, que nos movan os marcos", concluíu.

Todo isto, nunha sesión de control que variou o seu formato habitual e agrupou as preguntas da oposión para logo dar paso ás respostas do presidente da Xunta, e que no último pleno antes do verán, goberno e oposición se acusaron mutuamante de traizoar a Galicia a conta dese traspaso da AP-9, pero tamén a conta do financiamento autonómico e da quita da débeda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade