Publicador de contidos

Publicador de contidos

Altri renuncia ás axudas do Perte para a descarbonización do proxecto en Palas de Rei

Altri renuncia ás axudas do Perte para a descarbonización do proxecto en Palas de Rei

A factoría de celulosa proxectada por Greenfiber queda definitivamente excluída das subvencións

A plataforma Ulloa Viva celebra o paso e reclama a fin de todo apoio público ao proxecto

Infografía do proxecto de fábrica de Altri (Greenfiber) Infografía do proxecto de fábrica de Altri (Greenfiber)
G24.gal 19/06/2025 19:51

A empresa Greenfiber, promotora da macrofactoría de celulosa GAMA en Palas de Rei (Lugo), decidiu finalmente desistir de optar ás axudas da última convocatoria do Perte para a descarbonización. Así o recolle o listado oficial de solicitudes desistidas publicado polo Ministerio de Industria e Turismo, que confirma a exclusión definitiva do proxecto desta liña de subvencións.

A instalación da planta, impulsada por Greenalia e Altri, aínda está pendente de autorización definitiva. Inicialmente, o proxecto xa quedara fóra do reparto de axudas do Perte, aínda que a empresa anunciara a súa intención de recorrer a decisión. Con este desestimento, Greenfiber renuncia tamén de facto a ese recurso e ás axudas de ata 30 millóns de euros ás que aspiraba.

A plataforma Ulloa Viva, que lidera a oposición social ao proxecto, valorou positivamente esta retirada e afirmou que se confirma que a factoría non poderá recibir fondos públicos a través deste mecanismo.

No seu comunicado, a entidade insta o Goberno estatal, a Xunta de Galicia e tamén a Unión Europea a que exclúan esta iniciativa de calquera outra liña de axudas ou subvencións.

Segundo esta plataforma, as características do proxecto vulneran os criterios medioambientais e incumpren o principio de "non causar un prexuízo significativo", polo que non debería optar a financiamento público de ningún tipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade