Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alta ocupación turística nos establecementos de Santiago e comarca

Alta ocupación turística nos establecementos de Santiago e comarca

As rúas da capital galega rexistran un grande ambiente con turistas e peregrinos na ponte de agosto

G24.gal 14/08/2022 15:33

A capital galega está ateigada de turistas e peregrinos estes días. Foron moitos os que aproveitaron que o tempo non acompaña en moitas localidades costeiras para facer turismo e visitar o centro histórico da cidade.

Santiago é un dos destinos que está batendo as súas propias marcas. Este mesmo mes prevé chegar á cifra de peregrinos alcanzada ao longo de todo o xacobeo 2010, nun ano que pode bater marcas históricas de afluencia polos camiños a Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade