Publicador de contidos

Publicador de contidos

Allariz recupera a historia e a memoria da artesanía do coiro

Allariz recupera a historia e a memoria da artesanía do coiro

A vila de Allariz converteuse no corazón do mundo do coiro coa celebración das Xornadas dos Oficios do Coiro

Un encontro con 12 anos de historia que recupera a memoria dunha tradición e os coñecementos artesanais ligados á arte de curtir

No encontro dos oficios do coiro participaron artesáns e artistas de Galicia, Portugal, México ou a Arxentina.
G24.gal 28/09/2025 19:06

Os participantes da décimo segunda edición das Xornadas dos Oficios do Coiro de Allariz coñeceron as diferentes técnicas para traballar o coiro, neste caso a pel está asen curtir.

O oficio de traballar o coiro é unha tradición que se mantén viva aínda en Allariz e en moitas partes do mundo. Aquí teñen un punto de encontro profesionais, artesáns, investigadores e artistas. Este ano participaron artesáns de Galicia pero tamén de Portugal, a Arxentina ou México. 

Un vangardista da arte da pel é o mexicano José María Bernardo que emprega técnicas novas como o pó de coiro. Un coñecemento compartido sobre a curtición, que gazas a estas xornadas de Allariz seguen recuperando e transmitindo unha tradición milenaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade