Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alicia Villauriz: "Non vai haber necesidade de que os barcos amarren"

Alicia Villauriz: "Non vai haber necesidade de que os barcos amarren"

A secretaria xeral de Pesca afirma que hai outros caladoiros alternativos

Feijóo esíxelle ao Goberno que recorra o veto á pesca de fondo

G24.gal 29/09/2022 08:53 Última actualización 29/09/2022 16:04

O Goberno descarta, polo momento, que a norma comunitaria que prohibe pescar en 87 áreas do cantil europeo obrigue a que os barcos galegos queden en terra. Afirma que hai outros caladoiros alternativos, aínda que matiza que, se a norma da Comisión segue vixente, haberá que estudar eses cambios máis en profundidade.

Dicíao no Galicia por diante a secretaria Xeral de Pesca do Ministerio, a coruñesa Alicia Villauriz.

"Hai alternativas. Non están agora operando intensamente nas zonas que se delimitaron. Hai capacidade de movemento entre diferentes zonas. Obviamente, teñen que tomarse decisións para saír das zonas concretas onde xa non van poden entrar, pero non vai haber inmediatamente ningunha necesidade de que os barcos se amarren".

"Se cadra non se calibrou no seu momento, en 2016, cando se aprobou este regulamento, que se lle estaba dando á Comisión este poder de actuar, fixando unhas áreas que como se demostrou agora teñen un impacto tremendo sobre o sector se non se fan acordes a ter en conta o impacto que pode ter sobre el".

"O feito de que se fixasen zonas demasiado extensas, porque son cuadrículas de 25 por 25 quilómetros, si que se pode entrar no detalle porque a información existe, para fixar unhas zonas máis pequenas e polo tanto permitir a pesca fóra desas zonas tan grandes".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade