Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo esíxelle ao Goberno que recorra inmediatamente o veto á pesca de fondo

Feijóo esíxelle ao Goberno que recorra inmediatamente o veto á pesca de fondo

Reclama tamén unha suspensión temporal do regulamento e facer unha fronte común co resto de países afectados

G24.gal 29/09/2022 15:38

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, pediu este xoves ao Goberno que se deixe de mornezas" respecto ao veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico e que faga canto estea na súa man para defender á frota española e ás familias que viven dela.

Feijóo, que cualificou de "especialmente grave o feito de que as alegacións de España sexan presentadas fóra de prazo para ser incorporadas ao ditame, pediu ao Goberno que confirme que vai recorrer "de maneira inmediata" o regulamento, cuxa entrada en vigor está prevista para o próximo 9 de outubro.

O PP reclama tamén unha moratoria e facer fronte común co resto de afectados

Ademais, o PP esixe ao Goberno "que pida unha medida cautelar de suspensión de entrada en vigor do regulamento, que pida unha medida de moratoria á CE para que pospoña a aprobación do decreto e facer unha fronte común con Francia , Irlanda e Portugal para facerlle ver ás autoridades europeas que se equivocan".

"Non se pode ser morno cando se está afectando á primeira potencia pesqueira da UE. Non se pode ser morno cando se está afectando 4.000 tripulantes españois. Non se pode ser morno cando se está afectando a máis de 1.100 barcos de España”, dixo Feijóo en Vigo.

O líder do populares engadiu que as toneladas de peixe que se deixarán de capturar nesas zonas do Atlántico desabastecerán o mercado, o que implicará unha subida de prezos e a importación de peixe doutras latitudes nas que o sector non é tan respectuoso co medio ambiente como o é a Unión Europea, afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade