Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alianza do Noroeste contra as peaxes da AP-9 e AP-66

Alianza do Noroeste contra as peaxes da AP-9 e AP-66

Galicia, Asturias e Castela e León asinan unha declaración de Santiago en que lle esixen ao Goberno que cumpra co ditame da Comisión Europea 

Pedirán unha reunión co vicepresidente da Comisión Europea para que meta presión ao executivo español

Os asinantes denuncian que o executivo está a dilatar o proceso e incumpre coa legalidade 

A declaración de Santiago asinouse no Hostal dos Reis Católicos (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 11/06/2026 14:06

En agosto do ano pasado, milleiros de asturianos reclamaban en Oviedo a fin da peaxe da autoestrada que une León co Principado.

Este xoves. Hostal dos Reis Católicos. Asturias, Castela e León e Galicia asinan a declaración de Santiago. Unha foto que simboliza unha fronte común para levantar as barreiras da AP-66 e tamén da  AP-9. Denuncian discriminación e poñen datos enriba da mesa.

Segundo o presidente dos empresarios leoneses, estas tres comunidades "soportan 7 das 12 autoestradas de peaxes" españolas. Responsabilizan o Goberno. Esixenlle que cumpra co ditamen da Comisión Europea que lle obriga a anular as prórrogas das concesións.

Diego Maraña, o presidente de En-Colectivo, marca como obxectivo evitar que o conflito chegue ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea porque "iso dilataría isto no tempo entre 8 oui 9 anos". De momento a loita non deu resultado. 

Pero o noroeste non pensa quedar quieto. Pedirán unha reunión co vicepresidente da Comisión para poñelo ao día  Galicia, Asturias e Castela e León son as únicas comunidades con peaxes vixentes durante 75 anos.

Os socialistas pídenlle coherencia á Xunta. Besteiro pídelle a Xunta que non "lle poña trabas a transferencia da AP-9 a Galicia e que se sume á política de gratuidade nas autovías de titularidade autonómica". 

Pero o Goberno galego responde que non queren unha transferencia trampa "imposta desde Madrid" que non cumpre co pactado no Parlamento Galego. A conselleira de Infraestruturas da Xunta, María Allegue, denuncia que o ministerio de Transportes non contestou a ningunha das súas 14 solicitudes de reunións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade