Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Suárez: "Daríalle de novo o último tiro a Kassius Robertson"

Álex Suárez: "Daríalle de novo o último tiro a Kassius Robertson"

O obradoirista saíu na defensa do seu compañeiro tras errar o tiro que lle daría a vitoria en Fuenlabrada

O ala pivote confía no seu equipo e espera sacar un triunfo na pista do Zaragoza este próximo mércores

A fortaleza defensiva o factor que apunta coma chave de cara á permanencia dos santiagueses na liga ACB

G24.gal 12/04/2022 18:15

Álex Suárez xogou onte 'Ao contraataque'. O menorquino queixouse da derrota conseguida en Fuenlabrada o pasado sábado e apostou pola permanencia do Obradoiro unha temporada máis na liga ACB:

"Aínda estamos un pouco enfadados, pero ao final vainos dar forza de cara ao partido de Zaragoza. Hai que sacar conclusións positivas do pasado en Fuenlabrada. Eu daríalle mil veces o último tiro de novo a Kassius Robertson. Estou seguro de que a metería. Sabiamos que esta semana era complicada. Hai que ir partido a partido. Zaragoza ten un equipo longo, con xogadores de moito talento, con reforzos importantes nas últimas xornadas, como Frankie Ferrari. Sabemos que a afección vai apertar, pero estamos traballando ben e estou seguro que a vitoria vai chegar. Cando estamos ben en defensa e xogamos fluído en ataque facemos un bo baloncesto. Este ano está sendo difícil para min polas lesións, pero non serve de escusa. Hai que poñer as pilas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar