Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta no Salnés polo incendio que comezou de madrugada nos montes de Meaño

Alerta no Salnés polo incendio que comezou de madrugada nos montes de Meaño

Estabilizado o incendio de Salvaterra que chegou a ameazar varias casas

Alerta tamén no lugar de Xián, en Gondomar, porque o lume estaba de noite moi preto das casas

G24.gal 29/07/2025 08:35 Última actualización 29/07/2025 17:58

A madrugada foi complicada no Salnés polo incendio que se declarou nos Montes de Meaño. O lume mantivo en alerta os veciños da comarca. O vento fixo que as lapas se espallasen sen control de Meaño cara a Sanxenxo e sen que os efectivos desprazados ata a zona puidesen facer nada.

Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, o incendio comezou  ás 00:11 horas na parroquia de Xil e, segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie queimada supera as 20 hectáreas. O foco do incendio segue situado entre Meaño e Sanxenxo.

 

Para a extinción desde lume, mobilizáronse, polo de agora, 5 axentes, 6 brigadas, 10 motobombas, 3 pas e 4 unidades técnicas de apoio.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

O lume no lugar de Xián, en Gondomar, mantivo en alerta os veciños porque estaba moi preto das casas

Alarma tamén no lugar de Xián, en Vincios, no concello de Gondomar, onde o lume mantivo en alerta os veciños da zona pola súa proximidade ás vivendas. O vento dificulta a extinción deste incendio, que  se cre que puido ser provocado.

O lume comezou pasadas as once da noite e os habitantes do lugar permaneceron nas rúas preocupados por se as lapas puidesen chegar ás súas casas. Medio Rural ten despregado un operativo para intentar sufocar este incendio.
 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade