Publicador de contidos
Publicador de contidos

O temporal pon o litoral baixo aviso laranxa e anuncia un tren de borrascas

O temporal pon o litoral baixo aviso laranxa e anuncia un tren de borrascas

O paso dunha nova fronte volveu activar avisos en toda a comunidade por vento forte e chuvia intensa

G24.gal 24/10/2023 14:27

Chuvia intensa que descargou dende ben cedo e vento forte no mar, así é a alerta laranxa, que unha xornada máis deixa en terra moitos mariñeiros.

No sur da provincia da Coruña e tamén na de Pontevedra, chegaron a recollerse máis de corenta litros por metro cadrado. E o vento que tamén soprou con forza deixou refachos en zonas altas do litoral por riba dos cen quilómetros hora

Mentres as máquinas traballan no areal de Riazor para volver levantar a duna que protexe dos temporais. 

Pola tarde, o vento do suroeste soprará con forza no litoral e as temperaturas seguirán sendo agradables

A chuvia tamén irá remitindo, pero, ollo, porque a previsión para os vindeiros días di que aínda quedan tres borrascas máis por chegar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar