Alemaña, liderada polo exobradoirista Obst, sorprende os Estados Unidos
É o segundo Mundial consecutivo en que os Estados Unidos non estará na final
Alemaña enfrontarase a Serbia, que se impuxo ao Canadá
Alemaña tombou este venres os Estados Unidos (111-113) e clasificouse para a que será a primeira final na súa historia dun Mundial de baloncesto tras un partido no que minimizou á gran favorita para alzar o trofeo e que se decidiu no axustadísimo último cuarto, no que Estados Unidos a punto estivo de darlle a volta ao marcador. Gran partido do ex-xogador do Obradoiro Andreas Obst.
Na gran final deste domingo (14.40 CEST), Alemaña medirase a Serbia, que gañou a Canadá, a outra favorita, en semifinais (95-86).
É o segundo Mundial consecutivo no que Estados Unidos non estará na final.
ANDREAS, OBST ON EARTH?!? 😱#FIBAWC x #WinForDeutschland 🇩🇪 pic.twitter.com/Tl8wo0irJD
— FIBA Basketball World Cup 2023 🏆 (@FIBAWC) September 8, 2023