Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aldeas galegas abandonadas como agasallo, unha opción en auxe entre os estranxeiros

Aldeas galegas abandonadas como agasallo, unha opción en auxe entre os estranxeiros

En Galicia hai máis de 2.000 aldeas abandonadas con numerosas casas á venda

G24.gal 07/05/2024 21:59 Última actualización 07/05/2024 22:04

Unha casa abandonada do interior de Galicia, ou mesmo unha aldea enteira, pode ser un agasallo perfecto para cambiar de vida. Hainas para todos os gustos, desde inmobles por 28.000 euros ata pazos valorados en catro millóns. Cada vez son máis os estranxeiros que seguen o exemplo da actriz americana Gwyneth Paltrow, que comprou unha aldea en Riotorto atraída polos encantos que ofrece o rural galego.

Poden comprobalo desde hai seis meses os británicos Chuck e Lynda, que escolleron unha casa de Lanzós, en Vilalba. Levaban trinta anos en Mallorca e necesitaban un cambio. Eles buscaban onde quedar a vivir. Outros emprenden proxectos de turismo sostible. Todo un filón se temos en conta que en Galicia hai máis de 2.000 aldeas abandonadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade