Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcoa abre a porta a vender a fábrica de aluminio e pechar a planta de alumina en 2027

Alcoa abre a porta a vender a fábrica de aluminio e pechar a planta de alumina en 2027

"Continuar coa operación ou vender" a fábrica de aluminio e "avaliar o peche" da planta de alumina son as posibilidades que expuxo a multinacional estadounidense aos investidores

G24.gal 31/10/2025 12:55

Alcoa expuxo dous escenarios en San Cibrao, en Cervo (Lugo), a partir de 2027: "Continuar coa operación ou vender" a fábrica de aluminio, así como seguir ou "avaliar o peche" da planta de alumina.

Así se recolle nas posibilidades que expuxo a multinacional estadounidense nunha presentación realizada nunha xornada con investidores ('Investor Day') en que participou o presidente de Alcoa, William F. Oplinger.

Fontes de Alcoa subliñan que "son previsións de escenarios" e "estúdanse varias posibilidades", xa que "hai dúas opcións" para as plantas de aluminio e alumina.

Nesta exposición de Alcoa analízase a situación actual, na que se valora unhas "garantías razoables por parte das autoridades españolas". Tamén se apunta a un reinicio de cubas con atraso que "compromete as finanzas, pero mantense o plan para neutralizar os impactos".

Actualmente, avoga por "centrarse en reiniciar a fundición de forma segura, eficiente e rendible", do mesmo xeito que "continuar avaliando como optimizar as operacións".

A curto prazo, a multinacional di que se centra "en neutralizar o impacto financeiro das operacións en España para finais de 2027". Aposta por avanzar no investimento para un aumento da balsa de lodos, ademais de mellorar a rendibilidade de aluminio para "compensar as perdas" de alumina.

Todo iso despois de que a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, se reunira o pasado xoves co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, na que tamén estiveron presentes os alcaldes de Xove e Cervo, para analizar o estado dos trámites pendentes entre a compañía e a Xunta, e na que se urxiu a necesidade de convocar de inmediato o comité de seguimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade