Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores do metal da provincia de Pontevedra volven colapsar Vigo

Os traballadores do metal da provincia de Pontevedra volven colapsar Vigo

O xoves hai unha nova xornada de folga convocada

O día 19 o paro esténdese á provincia da Coruña

G24.gal 13/05/2026 14:23

O metal volveu parar este mércores en Pontevedra. Uns 33.000 traballadores estaban convocados á folga nesta xornada, que os sindicatos consideran un éxito.

"Está todo parado, todo parado", contou Xulio Fernández, secretario comarcal CIG-Industria.

Entre as demandas do sector, melloras salariais que permitan facer fronte ao encarecemento da vida, pero tamén das condicións de seguridade. A pelota, din, está agora no tellado da patronal.

"É o momento de que se movan eles", dixo Rodolfo Otero, secretario de organización de CCOO-Industria.

A folga vai continuar este xoves, e o próximo 19 de maio estenderase tamén á provincia da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade