Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albés agarda que a terceira sexa a vencedora

Albés agarda que a terceira sexa a vencedora

O Lugo perdeu os deus partidos contra o Mirandés esta tempada

G24.gal 08/01/2022 13:15

Por terceira vez en tres meses, o Lugo e o Mirandés volven verse as facianas nun terreo de xogo. De momento, levan vantaxe os burgaleses que saíron vencedores dos dous encontros anteriores, primeiro na liga e despois na Copa, aínda que para Rubén Albés, eses resultados non deben supoñer unha lousa para o equipo.

Rubén Albés: "Creo que para este grupo de crentes tolos non existen lousas, erguímonos de situacións complicadas, máis fáciles, máis dificiles, non creo que sexa algo que nos vaia afectar".

O técnico, sen embargo, anuncia un comportamento do equipo distinto o dos dous partidos precedentes.

Rubén Albés: "Creo que vai ser bastante diferente, de feito hai unha frase que di que se fas as cousas do mesmo xeito, probablemente obteñas o mesmo resultado. Non nos foi ben contra eles en ningún dos dous partidos, independentemente de ter feito, en xeral, sobre todo na Copa fomos merecedores da vitoria, pero cometimos erros que non debemos volve a repetir".

Esta vez, igual que nas dúas anteriores, tampouco vai estar Gerard Valentín, ausente agora pola súa expusión da semana pasada no Molinón. Albés aproveitou a rolda de prensa previa para queixarse do trato recibido polo seu futbolista.

Rubén Albés: "Creo que neste caso, non sei se porque é Gerard Valentín, se polo feito de que sexamos o Clube Deportivo Lugo, non sei se polo feito de que eu sexa o adestrador do Clube Deportivo Lugo, non sei por que, pero o certo e que eu sinto que o trato que se lle da a Gerard Valentín, non me da a sensación de que sexa igual a outros xogadores".

Albés agarda que á terceira sexa a vencedora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar