Cargando resultados...
Albert Oliver, convertido en lenda, deixa o baloncesto entre bágoas
Vaise con 43 anos, 25 temporadas en ACB e 8 equipos
G24.gal
13/05/2022 13:24
Última actualización 13/05/2022 13:35
O Sar pecha unha campaña de idas e voltas, de moitas incertezas, pero o Obradoiro fará doce campañas seguidas en ACB.
Mañá despídese Albert Oliver do baloncesto. Vaise con 43 anos, 25 temporadas en ACB e 8 equipos. A camisola do Obradoiro foi a última. Era consciente desde hai semanas de que o seu final estaba preto.
Oliver estivo acompañado da súa muller e dos seus dous fillos, de todo o cadro técnico e de xogadores e tamén do presidente, Raúl López. Oliver,non puido conter as bágoas.
Llegó el día de compartir esta carta. Gracias
— Albert Oliver (@albertoliver11) May 12, 2022
Ha arribat el dia de compartir aquesta carta. Gràcies#BaldMambaisOut pic.twitter.com/N9QhSsvofU