Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albergues acondicionados para os cabalos que fan o Camiño de Santiago

Albergues acondicionados para os cabalos que fan o Camiño de Santiago

Poucas paradas do Camiño dispoñen de sitios acondicionados para equinos

G24.gal 11/05/2022 20:55 Última actualización 11/05/2022 21:17

A maioría dos peregrinos fan o Camiño a pé, pero cada vez son máis os que o fan a cabalo, e atopar un sitio para os animais non é sinxelo. Algunhas paradas clave, como Sarria, dispoñen de instalacións para dar acubillo a estes particulares peregrinos de catro patas.

Iván Éric, responsable das instalacións hípicas: "Empezaron a preguntar onde podían deixar os animais, e como eu tiña estas instalacións empezamos por aí. Veñen diferentes perfís de peregrinos, dende xente bohemia que vén cun burro ou unha mula ou que veñen con cabalos de gran valor ou sementais".

Aquí dispoñen dun amplo terreo, de teito e alimento e tamén dos coidados e da asistencia que se poida precisar.

Iván Éric, responsable das instalacións hípicas: "Aquí temos boxes individuais cerrados e despois temos algúns recintos abertos en que en verán incluso os animais quedan mellor fóra. Hai compromiso cun ferrador, cun veterinario e con toda a xente que se poida precisar para atender os animais".

Agora Iván traballa nun proxecto que busca a creación de boxes portátiles para poder ofrecer estancias axeitadas para os animais en todas as paradas do Camiño Francés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade