As bolsas europeas soben en torno o 1 % tras o acordo entre os EUA e a UE
O Ibex 35 sobe o 1% e busca os 14.400 puntos
Pedro Sánchez apoia o pacto pero o ve insuficiente
Albares destaca que o acordo dos EUA e a UE evita unha escalada negativa para todos
O Ibex 35 iniciou a sesión deste luns cunha subida do 0,92 %, o cal levou o selectivo madrileño a conquistar a cota psicolóxica dos 14.300 enteiros e situarse nos 14.367,9 puntos cara ás 09:00 horas, nun contexto marcado polo acordo comercial logrado entre Estados Unidos e Europa para resolver o seu conflito arancelario.
As bolsas auropeas recoleron tamén no inicio desta xornada alzas en torno o 1%.
O ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares destacou este luns que o acordo de aranceis entre os Estados Unidos e a Unión Europea evita unha escalada arancelaria que sería negativa para todos.
En declaracións a RNE, Albares incidiu en que a UE cre no libre comercio e por iso impulsa pactos como o alcanzado este domingo polo presidente estadounidense Donald Trump e a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen.
E tamén con outros socios comerciais, como México, Mercosur ou Indonesia, indicou o titular de Exteriores, quen resaltou a posición europea, porque moitos países teñen tentacións de illarse e de entrar en guerras arancelarias.
A este acordo referiuse o presidente do Goberno. Pedro Sánchez di que apoia o pacto, pero cre que é insuficiente. Defende ampliar as relacións comercias con Mercosur.
Palestina
Albares tamén falou sobre a súa participación este luns en Nova York na Conferencia Internacional de Alto Nivel para o Arranxo Pacífico da Cuestión de Palestina e a Implementación da Solución dos Dous Estados, onde intervirá a favor do recoñecemento do Estado palestino.
"É a solución que todos sabemos que vai dar xustiza ao pobo palestino e paz e seguridade a todos en Oriente Medio, incluído Israel", defendeu.
Subliñou que o primeiro ministro de Israel Benjamin Netanyahu non dá ningún indicio de que vaia aceptar o Estado palestino e, por iso, é necesario que sexa a comunidade internacional a que poña en pé a solución.
Na súa opinión, non se pode dar a Israel unha especie de dereito de veto sobre a existencia ou non do Estado de Palestina. "Non pode ser que estea en mans do Goberno de Israel decidir cousas como a vida ou a morte dos palestinos", recalcou.