Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case o 75% dos polígonos mexilloeiros continuarán pechados o próximo luns

Case o 75% dos polígonos mexilloeiros continuarán pechados o próximo luns

Dos polígonos mexilloeiros só se salvan do peche por toxinas os da ría de Ares-Betanzos e os das zonas máis interiores da ría de Arousa.

G24.gal 13/09/2025 16:08

A presenza de toxinas nas rías mantense sen apenas cambios, segundo os últimos datos obtidos na mañá do sábado a partir das mostras realizadas na tarde do venres polo Intecmar, o Instituo Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño. A semana comezará da mesma maneira que rematou esta, co 73 por cento dos polígonos mexilloeiros pechados.

"Estamos nunha situación na que hai tres cuartas partes das zonas pechadas por toxina, practicamente toda lipofílica, algo de PSP, pero a principal é lipofílica. É unha situación, nesta época do ano, bastante habitual. Se acaso este ano foi raro que no mes de xullo estivera case todo aberto, cando normalmente hai polígonos pechados", explica o subdirector do Intecmar, José Molares.

As únicas variacións tras os últimos datos son dúas: o próximo luns vaise pechar unha zona de marisqueo na ría de Muros e vaise abrir outra na ría de Aldán que estaba afectada por toxina amnésica. Dos polígonos mexilloeiros só se salvan do peche por toxinas os da ría de Ares-Betanzos e os das zonas máis interiores da ría de Arousa. Onte tamén se levantaba o peche cautelar na parte interna da ría de Vigo pola presenza de toxina paralizante. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade