Publicador de contidos

Publicador de contidos

A frota do cerco pode volver pescar bocarte entre o Miño e Fisterra

A frota do cerco pode volver pescar bocarte entre o Miño e Fisterra

Ata o mes de xullo de 2026 poderán capturar 1.461 toneladas desta especie

A nova regulación delimita topes por semanas segundo o tamaño e a tripulación do barco

 

G24.gal 13/09/2025 14:18 Última actualización 13/09/2025 15:08

Desde o mércores os cerqueiros galegos xa puideron volver coller bocarte nas augas entre o Miño e Fisterra. A Unión Europea permitiu reabrir o caladoiro e ata xullo do ano que vén os mariñeiros poderán coller 1.461 toneladas máis.

A cota do bocarte para este verán aprobada para tres meses, de xullo a setembro, esgotouse en só dúas xornadas ao aparecer un banco de peixe grande e ter pesca libre.

Neses dous días os cerqueiros colleron as 718 toneladas permitidas, e houbo que pechar. Agora a Unión Europea fixa unha nova cota de 1.461 toneladas que quedan para capturar. 

"Consumiuse moi rápido. Despois estivo cerrado uns quince días, e esta apertura de cota o que nos permite é intentar estirar o máis que poidamos as capturas ata xullo de 2026. Hai tres anos contabamos con 1,64% da cota para 150 cerqueiros que somos en Galicia e era unha cantidade irrisoria. Agora ao conseguir que o stock se separe conseguimos que a cantidade de cota sexa un pouco máis adecuada ás necesidades do sector", asegura Manuel Suárez Blanco, xerente de ACERGA.

A nova regulación de capturas delimita os topes por semanas, co que non se volverá repetir a situación deste verán que fixo baixar os prezos ao haber moito peixe xunto no mercado.

"Os barcos que levan máis de 12 tripulantes ou 120 toneladas de arqueo poden coller 6.000 quilos á semana, e os barcos que teñan menos de 120 toneladas ou menos de 12 tripulantes, collerán 4.000 quilos á semana"

Coa sardiña pechada e pouco xurelo, o bocarte é un recurso importante para o cerco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade