Alarma polo peche de varios negocios na peonal do Calvario, en Vigo
Os prezos, decisións das cadeas ou xubilacións poden ser as causas
O peche da tenda infantil de Inditex e a presenza doutros locais baleiros na rúa peonil do Calvario, en Vigo, fixo que algúns poñan de relevo os elevados prezos dalgúns locais que chegan a 100 euros o metro cadrado.
Canda os peches tamén hai aperturas de novos negocios de alimentación ou librerías. A presidenta da Asociación de Comerciantes di que segue habendo interese polos locais comerciais do barrio.
O paseo é o máis transitado de Vigo polo que a moitos lles compensa situar os seus locais aquí, xa sexa por vendas ou por simple imaxe.
De haber algún problema para os colectivos do barrio son os novos xeitos de consumo. Polo de agora aínda queda moita vida no Calvario, aínda con menos comercios.