Alain Ribeiro e Brais Abelenda repiten no segundo triunfo seguido do Pontevedra
O cadro granate impúxose ao Talavera (2-1) e suma dez puntos
O Pontevedra sumou a terceira vitoria do campionato, segunda consecutiva, diante do Talavera (2-1). Repetiron os goleadores da semana pasada, Alain Ribeiro e Brais Abelenda e o cadro granate xa suma dez puntos.
Non houbo demasiadas ocasións na primeira media hora ata que Alain Ribeiro culminou a mellor xogada de todo o partido no 1-0. O Pontevedra marcou un segundo gol xusto antes do descanso pero o tanto de Vidorreta foi anulado por unha posición antirregulamentaria anterior de Ribeiro.
No segundo tempo o Talavera levou a iniciativa e conseguiu empatar no minuto 68 cun gol do lateral David Cuenca. Pasaba polos intres de máis apuro o cadro pontevedrés pero nunha acción a balón parado Brais Abelenda acertou a meter o segundo e decisivo gol.