Quedan sen vacacións ao pechar unha axencia de viaxes de Redondela
A indignación entre os clientes provoca a mobilización de protestas e a constitución dunha plataforma para as reclamacións
Múltiples veciños de Redondela pasaron todo o ano organizando e aforrando para unhas vacacións das cales non puideron gozar polo peche da súa axencia de viaxes.
O cesamento da actividade da empresa foi en agosto, porén, aínda non recibiron a devolución dos cartos, polo que protestan e solicitan que se faga xustiza polo prexuízo causado.
Segundo unha das afectadas a suspensión da viaxe foilles comunicada o 4 de agosto a través dunha mensaxe vía WhatsApp aos seus móbiles, na que o dono da axencia informaba de que veuse obrigado a pechala por unha causa de forza maior relacionada con problemas económicos, ademais de recoñecer a débeda que se comprometía a pagar nun prazo de seis meses.
Os afectados constituíron unha plataforma para reclamar a devolución dos cartos. A súa presidenta, Begoña Pérez afirma que as contías son moito maiores do que di o propietario; non obstante recoñece non saber a cantidade exacta.
Os afectados xa presentaron unha denuncia por estafa e este xoves manifestáronse en Redondela e pediron xustiza.