Cargando resultados...
Antía Jácome, Adrián Sieiro e Roi Rodríguez estarán na Copa do Mundo de piragüismo
Sieiro e Jácome estarán no C2 500 e Roi Rodríguez meteuse no K2 500
G24.gal
01/05/2025 21:26
O encoro de Pontillón de Castro en Verducido foi escenario este xoves do selectivo nacional de Sprinte para embarcacións de equipo, un selectivo clasificatorio para a I Copa do Mundo de Sprinte que se celebrará en Szeged, Hungría. O K2 500 tripulado por Alberto Llera e o vigués Roi Rodríguez logrou a clasificación para o Mundial, así como tamén o C2 de Daniel Grijalba e o pontevedrés Adrián Sieiro. Tamén entrou entre as elixidas a pontevedresa Antía Jácome a carón da madrileña María Corbera. Fixérono como as segundas clasificadas por detrás de Moreno e Yarchevska.