Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tomiñés Manu Ochoa gaña a 1ª Copa do Mundo de Caiac Cros

O tomiñés Manu Ochoa gaña a 1ª Copa do Mundo de Caiac Cros

A próxima semana, nova cita co piragüismo internacional, na canle francesa de Pau

G24.gal 09/06/2025 12:29 Última actualización 09/06/2025 12:33

A participación de Manu comezou o domingo coa contra o reloxo, que determina en que posto dos enfrontamentos sáese. Setenta e cinco deportistas de todo o mundo, os mellores de cada país, fixeron as súas baixadas para tentar estar entre os 32 primeiros e conseguir entrar nos enfrontamentos.

Nesta primeira proba, Manu a piques estivo de conseguir medalla ao facer o cuarto mellor tempo, a un segundo do primeiro clasificado, o inglés Jonny Dickson. Na fase de enfrontamentos, catro atletas baixan a un tempo, os dous primeiros pasan de fase e os dous últimos quedan fóra.

Manu gañou con claridade a súa serie de oitavos pasando a cuartos, onde tamén se impuxo moi por diante dos seus adversarios. Nas semifinais ía tamén na cabeza, pero un tropezo co seu compañeiro de equipo Llorente na última porta fixo que entrase en segundo lugar, por detrás do inglés Dickson.

Nunha final de infarto impúxose aos seus tres adversarios con claridade, gañando unha histórica medalla de ouro. Compartiron podio con el o inglés Dickson, que gañou a prata, e o suízo Rohrer, que alcanzou o bronce.

Impresionante e histórico comezo desta tempada para o tomiñés. A próxima semana nova cita co piragüismo internacional na canle francesa de Pau coa celebración da 2ª Copa do Mundo de Slalom.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade