Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ionut Radu chegou esta tarde a Vigo para asinar co Celta

Ionut Radu chegou esta tarde a Vigo para asinar co Celta

O porteiro romanés conta con ampla experiencia no fútbol italiano

Militou en clubs como Inter, Xénova, Cremonese ou os últimos meses no Venezia

G24.gal 09/06/2025 12:43 Última actualización 09/06/2025 16:47

Ionut Radu será nas próximas horas porteiro do Celta. O club vigués ten moi avanzada a contratación do meta romanés de 28 anos, que chegaría coa carta de liberdade. Radu aterrou ás 16 horas en Peinador, polo que a súa presentación será emn breve

O porteiro conta coa experiencia que pretendía o club e con ampla experiencia no fútbol italiano, ao que chegou moi novo, militando en clubs como Inter, Xénova, Cremonese ou os últimos meses no Venezia, no cal disputou 15 partidos desde febreiro sendo titular indiscutible, tras chegar no mercado invernal procedente do Inter.

Tamén xogou uns meses no Auxerre francés e no Bournemouth inglés e foi internacional con Romanía. O Celta leva semanas negociado cos seus axentes e sería o substituto de Vicente Guaita, ao que o club non renovou.

Cumpre todos os requisitos, ao contar con experiencia internacional, dispoñer da carta de liberdade e do visto e prace de Claudio Giráldez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade