Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo fai oficial a non continuidade de Óscar Gilsanz, que medita o seu futuro

O Deportivo fai oficial a non continuidade de Óscar Gilsanz, que medita o seu futuro

O Deportivo trasladoulle a proposta de asumir a coordinación da Escola de Adestradores e dos Proxectos Formativos Externos

G24.gal 09/06/2025 18:00 Última actualización 09/06/2025 18:12

Óscar Gilsanz non continuará como adestrador do primeiro equipo do Deportivo a próxima temporada. Após cinco anos de dedicación ao club, ábrese a posibilidade de iniciar unha nova etapa profesional dentro da estrutura branquiazul.

O Deportivo trasladoulle a proposta de asumir a coordinación da Escola de Adestradores e dos Proxectos Formativos Externos, un cargo deseñado para reforzar o desenvolvemento estratéxico da canteira e aliñado coa súa traxectoria, compromiso e visión compartida de formación.

Actualmente, Óscar Gilsanz está a valorar esta proposta, que recoñece a súa experiencia, coñecemento e sensibilidade pedagóxica como activos clave para consolidar a estrutura metodolóxica do club. Desde este rol, contribuiría á formación de adestradores e ao fortalecemento do vínculo co tecido futbolístico da nosa contorna.

O Deportivo desexa expresarlle publicamente o seu agradecemento e recoñecemento polo seu compromiso, profesionalidade e implicación durante estes anos, así como polo seu papel en momentos decisivos da historia recente do club.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade