Os vigueses Martín e Jaime Wizner gañan o Europeo de 49er
A tripulación do Náutico logrou o seu primeiro gran título absoluto en Grecia
Os regatistas vigueses Martín e Jaime Wizner proclamáronse campións de Europa da clase 49er na sexta xornada da competición continental, que concluíu este domingo en augas da cidade grega de Tesalónica.
Trátase do primeiro gran título absoluto para os irmáns, de 24 e 21 anos, formados no Real Club Náutico de Vigo. Os Wizner chegaban á última xornada no segundo posto da clasificación europea, a un só punto dos líderes, os británicos William Pank e Thommie Grit.
Na primeira das dúas probas do día, que decidía o corte dos dez primeiros para acceder á Medal Race, os navegantes vigueses anotáronse unha terceira praza, mentres que os seus rivais directos decidiron o seu descarte ao ser vixésimo sextos.
Así, os representantes galegos afrontaban como líderes a Medal Race. Nesta final de puntuación dobre, os británicos cruzaron a liña de meta en primeira posición e Martín e Jaime Wizner entraron sétimos, o que lles bastou para lograr o título de campións de Europa.
Falamos con Martín...Jaime regresa en furgoneta
"Sabemos que cada vez temos máis nivel. Sempre queres máis. O obxectivo era estar entre os 10 primeiros"
"Moi contentos e con ganas de máis e ir polo mundial"