Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza suspende cautelarmente a norma que veta a caza do lobo

A xustiza suspende cautelarmente a norma que veta a caza do lobo

A Audiencia Nacional admitiu a trámite os recursos que presentaron a Xunta de Galicia e a de Castela e León

Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias recorreran a prohibición de cazar o lobo Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias recorreran a prohibición de cazar o lobo
G24.gal 02/11/2021 12:28

A Audiencia Nacional suspende cautelarmente a norma que veta a caza do lobo tras admitir a trámite o recurso do Goberno galego contra o veto á caza do lobo, segundo confirmou este martes a Consellería de Medio Ambiente. 

A xustiza admitiu tamén o recurso contencioso administrativo da Xunta de Castela e León contra a orde ministerial do 20 de setembro que prohibe a caza desta especie. Esta orde queda agora en suspenso mentres se tramitan os recursos.

O departamento de Ángeles Vázquez considera que esta norma do Ministerio para a Transición Ecolóxica deixa nunha situación moi delicada o sector gandeiro, porque o Estado non prevé un incremento de recursos económicos nin humanos. 

Canda estas dúas comunidades do norte peninsular, tamén Cantabria e Asturias recorreran esta prohibición

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade