Publicador de contidos

Publicador de contidos

ADICAE pide que a banca asuma os xuros das moratorias das hipotecas

ADICAE pide que a banca asuma os xuros das moratorias das hipotecas

A proposta dos bancos supón máis desembolso para a clientela a longo prazo

G24.gal 23/10/2022 13:25 Última actualización 23/10/2022 17:13

O euríbor superou esta semana o 2,73 % e todo semella indicar que aínda pode subir máis. As persoas que estean a punto de asinar a súa hipoteca deben analizar polo miúdo que tipo de interese os beneficia.

Co euríbor desbocado, a asociación de consumidores e usuarios de banca ADICAE brinda o seu asesoramento. Tamén lle pide ao Goberno central que obrigue á banca, vía Real Decreto, a asumir o custo dos xuros da moratoria das hipotecas.

Con este debate aberto, a banca pretende adiantarse ao executivo propondo unha moratoria no pagamento das hipotecas que a longo prazo vai prexudicar a clientela porque acabará pagando máis.

ADICAE alerta, ademais, sobre os produtos vencellados ás hipotecas, recomenda analizar ben os tipos de interese antes de asinar e se é posible cambiar de tipo de interese, de variable a fixo ou ao revés, sen custo excesivo.

Tamén avisan de que o euríbor aínda pode subir máis e que, cos requisitos esixidos agora, só van poder acceder ás supostas vantaxes hipotecarias o 7 % das vivendas con cargas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar