Cargando resultados...
Adiado o Atlético Guardés-Porriño por seis casos positivos no equipo local
As seis xogadoras atópanse ben de saúde, illadas nas súas casas
Foto @Atlguardes_ofic
G24.gal
18/02/2022 13:02
Adiado o derbi entre o Atlético Guardés e o Porriño por seis casos positivos no equipo local. As seis xogadoras atópanse ben de saúde, illadas nas súas casas. Esta tarde faranse novas probas.
Desde o Balonmán Porriño mandan o seu apoio ás xogadoras do Mecalia.
Isma Martínez: "A situación é a que é. Só nos queda apoialas. A saúde é o que prima. Esperemos que se xogue na fin de semana para que a festa sexa completa"