Cargando resultados...
Adiántase o verán de San Martiño
Só ao norte da comunidade haberá ceo cuberto
G24.gal
05/11/2021 16:17
Parece ser que este outono haberá verán para o San Martiño. Hoxe estase a vivir unha xornada de transición cara a esa influencia anticiclónica que nos vai deixar días secos ata ben entrada a vindeira semana.
Haberá sol, ás veces acompañado dalgunhas nubes, pero as temperaturas van ser frescas sobre todo polas noites e nas primeiras horas do día, con bancos de néboas e tamén con xeadas, sobre todo no interior.
No resto do día os termómetros nos superarán os 15 graos. En canto ao vento, soprará do norte, máis intenso na costa e que poden deixar ceo cuberto sobre todo no terzo norte da comunidade.